21/5/18

Desperdicio

Sabías que ao cabo do ano se perde o 20% da carne de vaca, o 35% do peixe e o 45% das froitas e verduras que producimos?
Entra aquí se queres averiguar as causas deste desperdicio intolerable e como palialo.



12/5/18

Fuxan os Ventos

Para celebrar o Día das Letras, o grupo Fuxan os Ventos pon música a Lúa de prata, poema de María Victoria Moreno, a autora a quen este ano se rende homenaxe. 
Escoita...



7/5/18

Excursión a Celanova

Coas profesoras Isabel Pardo e Marta López, os alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato do noso Instituto realizaron unha visita a Celanova.
Esta actividade estivo organizada polo Departamento de Lingua Galega, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e a Biblioteca.





27/4/18

Anagnórise


Por xentileza de Editorial Galaxia, e nunha actividade organizada polo Departamento de Lingua, o Equipo de Normalización Lingüística e a Biblioteca do noso Instituto, estivemos o en Lugo o martes, 24 de abril, para asistir no IES Lucus Augusti á representación de Anagnórise, de María Victoria Moreno, a cargo da compañía Limiar Teatro
Os alumnos e as alumnas de 3º de ESO do Instituto de Rábade, acompañados polos profesores do Departamento de Lingua e Literatura Galegas, Marta López e Luís Pereira, presencia as evolucións dos dous actores polo escenario xunto ao alumnado doutros centros, nunha adaptación teatral bastante libre e sorprendente da obra de Moreno.





 

25/4/18

María Victoria 2018

Vídeo adicado con motivo do Día das Letras Galegas a María Victoria Moreno dos alumnos e alumnas de 4º curso de ESO de  Rábade,  dirixidos pola profesora Isabel Pardo.

24/4/18

Enclave RAE

Enclave RAE anúnciase como plataforma en que encontrará contenidos y herramientas de base lingüística especialmente concebidos para usted e fai unha declaración de intencións: a de ser lugar «donde las personas y las palabras se encuentran». 
E un desafío: «¿Hasta dónde cree que puede llegar con el uso del español?».

17/4/18

Gonzalo Moure, connosco


O escritor Gonzalo Moure visitounos o pasado día 13 de abril para compartir connosco as súas experiencias como autor e a súa humanidade, así como o seu compromiso solidario co pobo saharaui, tan presente en Palabras de Caramelo, libro de lectura proposto para os alumnos de 1º de ESO, aos que falou.
Ameno, entrañable, próximo.
Grazas, Gonzalo.





6/3/18

Concurso

Como en anos anteriores, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do noso Centro, convoca o Concurso de Relatos Curtos "Letras Galegas 2018", que se rexerá polas seguintes

                                                                      BASES:


  • Poderá participar todo o alumnado do Centro.
  • Os relatos, de tema libre, presentaranse en lingua galega.
  • Extensión máxima: tres folios.
  • Deberán presentarse escritos a ordenador por unha soa cara e a dobre espazo.
  • Os relatos só se poden facer e entregar de forma individual ao profesor ou profesora correspondente de Lingua Galega.
  • Os relatos que resulten gañadores serán publicados no Blog da Biblioteca.
  • Haberá dous premios para cada categoría, por un lado 1º, 2º e 3º de ESO; por outro, 4º de ESO e os cursos de Bacharelato.
  • Concederanse un 1º PREMIO dun vale de 30'00 euros en material escolar, e un 2º PREMIO  de 15'00 euros en material escolar.
  • Data límite de entrega: 9 de maio de 2018.
  • O xurado estará formado polos membros do ENDL, e o seu fallo será inapelable.

18/1/18

Afouteza é a palabra



Ou polo menos a máis buscada durante o ano pasado no dicionario da Real Academia Galega. Seguíronlle a certa distancia independencia, sapoconcho, teimudo, velutina ou eucaliptización pero a favorita, cun 48% de procuras, foi indiscutiblemente afouteza, que significa, segundo ti mesmo podes comprobar aquí:
Disposición do espírito que leva a actuar ou a acometer calquera empresa sen temor aos perigos ou dificultades, e tamén, na súa outra acepción:
Seguridade que alguén ten en si mesmo, carácter firme.
Se queres ler algo máis sobre este asunto, entra neste enlace.

10/1/18

Concurso de marcapáxinas

Convocado polo Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca do IES Río Miño de Rábade

BASES


  • Poderá participar todo o alumnado do Centro.
  • As ilustracións farán referencia, por un lado, á autora homenaxeada este ano polas Letras Galegas, María Victoria Moreno, e, por outro lado, á Biblioteca do Centro.
  • As ilustracións só se poderán elaborar e entregar de forma indivicual ao respectivo profesor de Lingua e Literatura Galegas.
  • A ilustración gañadora será publicada no blog da Biblioteca do Centro.
  • A data límite de entrega será o 30 de xaneiro de 2018.
  • PREMIO: Un vale de 30.00 euros en material escolar.
  • XURADO: Estará formado por membros do EDLG e da Biblioteca. O seu fallo será inapelable.


13/11/17

Fotos

E aquí están as fotos que as profesoras e o alumnado asistente á obra Pelos na lingua tiraron ao remate da obra na Praza do Obradoiro.



6/11/17

Teatro


Os alumnos e alumnas de Bacharelato do  noso Centro asistiron no Teatro Principal de Santiago á representación de Pelos na lingua, acompañados polas profesoras Isabel Pardo e Marta López.
A reseña da obra di que Pelos na lingua é un divertido espectáculo-collage que fala en clave positiva da situación crítica que está a vivir a lingua galega. 
A actividade, que tivo lugar o pasado 25 de Outubro, foi organizada polo Departamento de Lingua, a Biblioteca  e o Equipo de Normalización Lingüística do IES Río Miño de Rábade.

1/11/17

Eu xa asinei... e ti?



Di a OCU (Organización de Consumidores e Usuarios de España) que o noso é o 7º país de Europa que máis comida bota ao lixo.
Por iso, neste enlace poderás asinar reclamando a redacción dunha lei que poña fin a este desperdicio intolerable e insolidario.



3/6/17

ESTRELA, BRILLA COMO TI SABES.

1º premio no CONCURSO LITERARIO DE RELATO CURTO LETRAS GALEGAS 2017. Categoría 4º ESO e BAC

Sempre nos din que obsesionarse non é bon, convéncennos de que é o esforzo o que nos axudará a obter algo e que a obsesión é quizais un dano colateral daquel que non se ve capaz de alcanzar os seus obxectivos e dá máis de si do que debería, ben, pois escoita o que che din porque as persoas que te queren saben o que che convén.
Esta é a historia de Estrela, a quen o mundo lle reparaba grandes aventuras ata que…
Estrela é bailarina na Academia de Ballet Bolshoi, en Rusia, berce do ballet. Dende pequeniña soñara con vivir sobre os escenarios de grandes e prestixiosos auditorios. Comezou en Lugo, unha pequena cidade situada en Galicia, ascendeu nos seus cursos do conservatorio coma quen sobe unha escaleira, realizou campamentos de verán na Royal Ballet School e, cando cumpriu os dezaoito, continuou dedicándose á danza. Un ano despois, fixo unha audición para ingresar na Bolshoi e foi admitida. Despois de moito esforzo e dedicación fixo unha xira por todo o mundo, Moscú, Varsovia, Berlín, París, Londres, Nova York…
Estrela non sabía que nesa xira estaba a comezar o que o futuro lle reparaba.
Ocorreu en Bangkok, última cidade da xira. Ía pola rúa e, de súpeto, unha explosión sorprendeu a todos as persoas que había nun quilómetro á redonda. Foron rescatados no menor tempo posible pero, horas antes, serían as últimas nas que Estrela puidera bailar coas súas propias pernas. Operárona de urxencia, a súa perna dereita sufriu a peor parte e tiveron que implantarlle unha prótese.
Foi o peor día que vivira na súa vida pero non sabía nada pois sería o comezo de algo moi grande.
A compañía non a quixo máis e tivo que buscar axuda profesional na súa cidade natal para superar a súa traxedia. Ela cría que a súa vida sen a danza non tiña sentido e pensou que Moscú lle axudaría a refuxiarse no baile doutra xente. Unha vez alí, montou unha academia de danza. Osanna era a súa mellor alumna, poñía paixón no que facía e a súa técnica era marabillosa, recordáballe a ela cando tiña a súa idade.
Osanna quería ser bailarina e precisaba da axuda de Estrela, pasaban noites e noites ensaiando e perfeccionando o seu baile, tiña moita enerxía e contaxiaba o seu entusiasmo a todos os que se atopasen arredor. Pouco a pouco, Osanna era a que axudaba a Estrela na súa recuperación.
A pesar de ter unha perna postiza o seu soño era a danza e iso non cambiaría nunca. As dúas medraban xuntas, Osanna comezaba a bailar en auditorios coas coreografías que Estrela preparaba.
As cámaras de vixiancia gravaron unha noite a Estrela, na axencia de seguridade non daban crédito ao que vían. Era unha muller cunha perna de mentira realizando uns movementos perfectos, sen fallos, absorbíate no seu baile como un neno cando bebe o seu zume e quere aproveitalo ao máximo.
Os vídeos difundíronse sen Estrela saber nada e semanas máis tarde, unha compañía de danza queríaa na súa xira. Aceptou coa condición de que Osanna fose a súa acompañante. Tras moito esforzo, ambas as dúas conseguiron o seu soño por primeira e segunda vez.
As entradas agotábanse moi pronto e as galas eran un éxito.
Se Estrela e Osanna estiveran aquí diríanche: “Vas deixar que unha pedra no camiño estropee o resto do traxecto?”
FIN
MARÍA TRASHORRAS CENDÁN 4º A



29/5/17

O PREMIO AO DESEÑO DE CALENDARIO ESCOLAR ADICADO AO ESCRITOR CARLOS CASARES 2017 foi concedido a Laura Barrio Corral (4º A). Noraboa!!!


O xurado do CONCURSO LITERARIO DE RELATO CURTO LETRAS GALEGAS 2017 concedeu os seguintes premios:

  • Categoría 1º, 2º e 3º  ESO
    • 1º premio para o relato "A CASA DE PEPE" de Alicia Couso Montes (3º A)

    •  2º premio para o relato "LOITA POR AQUILO QUE TE FAI FELIZ" de Anabel Cruz Ribeiro (3ºA)

  • Categoría  4º ESO e BAC
    • 1º premio para o relato "ESTRELA, BRILLA COMO TI SABES" de María Trashorras Cendán (4ºA)

Noraboa ás tres!!!!

24/6/16

Lecturas para el verano

El curso se acaba y en este blog haremos un descanso, pero el espíritu de la biblioteca no cierra por vacaciones, así que os proponemos una serie de lecturas para el verano.



  • Rue del Percebe, 13. Recopilación en un volumen de todas las historias del famoso cómic de Francisco Ibáñez.
  • Ahora que la vida. Poemas del cantautor Ismael Serrano ("El poema es -o debe ser- propiedad de todos, parte del alma del hombre") 
  • Algo tan sencillo como darte un beso de Blue Jeans. Vuelta a la residencia Benjamín Franklin después de las vacaciones de Navidad de David, Elena, Óscar, Iria, Julen, Manu y Toni. Será un nuevo cuatrimestre en el que nada es lo que parece.
  • As últimas galerías de Xosé Mª Álvarez Cáccamo. "Cómpre conducir a vida por onde a levan as horas, sen proxecto, sen peso, sen medo"
  • Curiosidades de la Historia con el Ministerio del Tiempo. Anécdotas que explican la historia de España de forma amena y divertida.
  • El libro de los Baltimore de Jöel Dicker. "Si encontráis este libro, por favor, leedlo. Querría que alguien supiera la historia de los Goldman-de-Baltimore". 
  • El azar y viceversa de Felipe Benítez Reyes. Una novela que mezcla acción y reflexión, comedia y drama; una intensa aventura.
  • Donde los escorpiones de Lorenzo Silva. El subteniente Bevilacqua se va a investigar a la base española de Herat, Afganistán, la muerte de un militar español.
  • El niño en la cima de la montaña de John Boyne. De nuevo un niño sufre las consecuencias del horror nazi.
  • Gotas de Sicilia de Andrea Camilleri. Serie de relatos que son imágenes de Sicilia, llena de retratos y recuerdos.
  • La trastienda de un informativo de Helena Resano. El día a día de una redacción, desde la reunión de contenidos de primera hora hasta que comienza a emitirse en directo.
  • Mujer océano de Vanesa Martín. Selección de poemas de la cantante.
  • Nosotros, los de entonces de Marta Rivera de la Cruz. Reencuentro de seis amigos de la Universidad que llevaban doce años sin verse.
  • Os elefantes de Sokúrov de Antón Riveiro Coello. La historia de Janis víctima de la crisis económica que investiga sobre su pasado.
  • ¿Por qué en 2017 volveremos a entrar en recesión? de Juan Ignacio Crespo. Claves para conocer la situación económica que se avecina.
  • Detox emocional de Silvia Olmedo. Consejos para detectar los tóxicos de tu vida y para neutralizarlos.
  • La ciudad de la mentira de Iñaki Martínez. Aventuras, amor, espionaje y traición en el protectorado de Tánger.
  • El mercader de Venecia de Shakespeare. Versión actualizada del clásico inglés.
  • La historia de Kullervo de J.R.R. Tolkien. Historia de Kullervo, niño huérfano con poderes sobrenaturales.
  • Sobrevivindo de Arantza Portabales. Val Valdés gano un programa de telerrealidad y, al enriquecerse, se convirtió en una empresaria de éxito. 
  • Todo Alatriste de Arturo Pérez-Reverte. "No era el hombre más honesto ni el más piadoso, pero era un hombre valiente..."
  • La víspera de casi todo de Víctor del Arbol. Investigación policíaca y reconstrucción histórica en la Costa da Morte.
  • El ruiseñor de Kristin Hanna. Emotiva historia de dos hermanas en la Francia ocupada por los nazis durante la Segunda Guerra Mundial.
  • El desorden que dejas de Carlos Montero. Una profesora de Lengua Española hace de detective en un instituto de la provincia de Ourense.
  • Prométeme que serás delfín de Amelia Noguera. Unos niños investigan el asesinato de su profesora.
  • Antología de poesía para jóvenes de Ángel González. Selección para los más jóvenes de los poemas más humorísticos, de los que se escriben en las carpetas...
  • O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro. Un adolescente va a pasar unas vacaciones a Auvers y allí conoce a un pintor llamado Vincent.
¡¡¡¡¡Feliz verano!!!!!

20/6/16

Concurso relato curto

Xa temos as gañadoras do Concurso de Relato Curto na categoría de 1º, 2º e 3º da ESO que se organizou con motivo das Letras Galegas 2016. 











O primeiro premio recibiuno Alicia Couso Montes  de mans do director, Ángel Lage, que tamén lle entreguou o segundo premio a Anabel Cruz Ribeiro







 Noraboa ás dúas!!!


16/6/16

Nuevo logo

Hoy tenemos ceremonia de graduación en el instituto.
Una de las graduadas de 2º de Bachillerato nos ha hecho un precioso regalo, que presentamos oficialmente: el nuevo logo de nuestra biblioteca 






Muchísimas gracias, Laura Mª Fernández Pardo, por tu arte y por tu generosidad. Y enhorabuena, para ti y para los compañeros que se gradúan contigo.

¡Felicidades!


5/6/16

Federico G. Lorca

Tal día como hoy nacía Lorca en Fuente Vaqueros (Granada)






"La poesía no quiere adeptos,
quiere amantes"







26/5/16

Recital




Os alumnos de 4º de ESO e 1º de BAC protagonizaron un recital de poemas de Manuel María, poeta homenaxeado este ano polas Letras Galegas.


20/5/16

Avaliación do Plan Lector

Estámonos achegando ao final do curso e toca comezar cos balances. Se clicas na imaxe de abaixo accederás a unha pequena enquisa.



Só che levará uns minutos. Moitas grazas!!!!




Etiquetas

15 M (1) 25 de novembro (4) 8 de marzo (3) 8 de marzo. (1) A Coruña (2) Abe Rábade (1) académicos (1) Actividades (12) Actuacións (1) Acuarelas (1) Agustín Fernández Paz (2) AI (1) Alfonso X. (1) Alimentos (2) Amadeo Vives (1) Amor (4) Ana María Matute (1) Angel Gabilondo (1) Animación (2) Animación á lectura (15) Animacion na escola (1) Animais (1) Aniversarios (2) Antonio Gamoneda (1) Antonio Heredero (1) Antonio Rodríguez Menéndez (1) Apalpador (1) Apoiamos (1) Aproveitamento de recursos (1) Aquilino Iglesia (1) Arde Lucus (1) Aristóteles (1) Arte (3) Astrid Lindgren (1) Astronomía (9) Avaliación (1) Avós (1) Baile (1) Bases (9) Beatles (1) Benvida (3) Biblioteca (16) bibliotecas (6) blues (1) boletíns (3) bossa nova (1) Búsqueda de informacion (1) Búsqueda de información (1) Caballero Bonald (1) calipso (1) Cambio climático (2) Camiño de Santiago (1) Campañas (5) Canarias (1) Cancro infantil (1) cantantes (1) Cantar delas (1) Cantautores (1) Cantigas (1) capitalismo (1) Carlos Callón (1) Carlos coira (1) Carrabouxo (2) cartaces (1) Casa da Xuventude (1) CDU (1) Celanova (2) Celebración (51) Celso Emilio (1) Celta (1) Centro Fingoi (1) Cervantes (3) Cesión de datos (1) Chantada (1) Charlie Brown (1) Charlie Hebdo (1) Charo Sánchez-Gabriel (1) Cidades (1) Ciencia e tecnoloxía (6) Cine (15) Cine clásico. (1) Cine e libros (1) Cine educativo (1) Clara Campoamor (1) Claude Debussy (1) Claudio Rodríguez (1) Comic (3) Comida (1) Compostela (3) Concello de Lugo (1) concertos (3) Concursos (31) Conferencias (3) Congresos (2) Conmemoración (1) conmemoracións (2) Consumo e consumidores (2) Contacontos (1) Convidados (1) Convocatorias (6) Coral Casablanca (1) Correlingua (4) Cortázar (2) Count Basie (1) Courel (1) CPI Dices Rois (1) crise (2) Crispín d'Olot (1) critica musical. (1) Críticos cine (1) Cultura (5) Cultura romana (1) Curie (1) Curso 2013-2014 (1) Curso 2014-2015 (1) Curtas (2) Daniel Casssany. (1) Darío Xohán Cabana (1) Deporte (1) Deporte e lectura (1) Dereitos humanos (3) Día da Muller (1) Día da Muller Traballadora (3) Día da Terra (1) Día das bibliotecas (1) Día de Rosalía (2) Día do Libro (2) Día dos Museos (1) Día dos Namorados (2) Día Internacional da Muller (2) Dicionarios (1) Difusión (1) Dignidade. (1) Dinamización (1) Discriminación (1) discurso (1) Documentais (1) Documentos (1) Doris Lessing (1) Doutor Honoris Causa (1) Duke Ellington (1) Ecoloxía (1) Educación (1) educación sensorial. (1) El Greco (1) El País (1) El Quijote (1) Ella Fitzgerald (1) Encontros (6) Enderezos (1) ensinanzas artísticas (1) ensino (1) Ensino público (1) Escritores (2) Escritores Galegos (1) Escuela de Lectura de Madrid (1) Estados Unidos (2) estatísticas (10) Estatuas (1) Estudos cinematografía (1) Exposicións (10) exposicións. (1) F.C.Barcelona (1) Fabio Tropea (1) Familias (1) familias. (1) Famosos. (1) Fauna (3) Felicitacións (1) feminismo (2) Fernández Paz (3) Fernando G.Jácome (1) Festas (1) Física (1) Flora e fauna (2) fomento da lectura (2) fondos (1) Forges (5) Formación (1) Formación de usuarios (4) formas musicales (1) Fotografía (1) Fotos (15) Fotos antigas (1) Franquismo (1) Freinet (1) Fundación Germán Sánchez Ruipérez (1) Fútbol (1) Fuxan os Ventos (1) García Lorca (1) Georges Gershwin (1) Georges Moustaki (1) Globalización (1) Gonzalo Moure (1) gospel (1) Grecia (1) Guerra (1) Guía de Nadal (1) Guías (21) Guionistas (1) Haendel (1) Haydn (2) Historia (3) Historia contemporánea (2) Historia da Música (1) Historia de España (1) Homenaxes (3) Hominización (1) Hora de Ler (1) Humor (9) IES As Barxas (1) IES As Mariñas (1) IES Pazo da Mercé (1) IES Poeta Díaz Castro (1) IES Río Cabe (1) igualdade (4) Igualdade de oportunidades (1) Indignádevos (1) Industria fonográfica (1) información familias (1) Instituto Cervantes (1) Internet (5) investigación (1) Jaime Gil de Biedma (1) Jaureguízar (1) Jazz (2) Jean_Luc Martínez (1) Jordi sierra i Fabra (1) José Ángel Valente (1) José Luís Sampedro (1) José Saramago (1) Juan García Hortelano (1) La Verbena de la Paloma (1) Lama das Quendas (1) Lambetadas (1) Laxeiro (1) Lectura (37) lectura. (3) Letras Galegas (32) Letras Galegas 2018 (5) Léxico (2) Liberdade (1) Librarías (2) Libros (22) Lingua española (1) Lingua Galega (37) Liniers (2) Literatura (1) literatura española (1) Literatura española S.XX (1) Literatura galega (1) Literatura século XIX (1) literatura século XX (1) literatura xuvenil (1) Lituania (1) Llibros de texto (1) Logopedia (1) Londres (1) Louis Armstrong (1) Louvre (1) Lugares sorprendentes (9) Lugo (9) Luís González (1) Luís Sagi-Vela (1) Macaco (1) Machado (1) Machismo (5) Madrid (1) Mafalda (1) Maios (1) Maltrato (1) maltrato. (1) Mandela (1) Manierismo. (1) Manifestación (1) manifesto (1) Manuel María (2) Manuel Pérez Tornero (1) Manuel Rivas (2) Marcapáxinas (1) Mares (1) María Barcala (1) María Victoria Moreno (5) Masartísticas (1) maxia (1) Medio ambiente (1) Medo (1) Memes (1) Memoria (5) Menuhin (1) Mestres (1) Mesturas (1) Ministerio de Educación (1) Misterio (1) Mobilización (8) Mochilas viaxeiras (1) Moda (1) Moldava (1) Mozart (1) muller rural (1) Mulleres (14) Mulleres Galegas (1) Mulleres na Historia (1) Museo del Prado (1) Museo provincial (1) Museos (7) Música (24) Música clásica (1) musica coral (1) Música española (1) Música francesa (1) Música galega. (2) música pop (1) música programática. (1) Música século XX (3) Música século XXI (1) Música. (1) Nacionalismo (1) Nadal (4) Natureza (7) Neira Vilas (1) Nenos (1) neoliberalismo (1) Normalización Lingüística (30) Nós (1) Noticias (2) Novas tecnoloxías (1) Novelas (1) Novelistas (8) Novidades (3) Novoneyra (4) O son da nosa fala (1) Ocio (1) OCU (1) Olga Rodríguez (1) Olimpiadas (1) One woman (1) ONU (1) ONU Mulleres (1) Ópera (2) Orfeón Lucense (1) Orquestra Xove (1) Outeiro (1) Outros blogues (12) Oviedo (1) PAAU (2) Pacifismo (1) Pais e Nais (2) Pan (1) París (2) Parlamento europeo (1) Pasamentos (3) Páscoa (1) Paz (3) Pedagogos (1) Pepe Coira (2) Pilocha (1) Pintura (4) Pintura española (1) pintura galega (1) PLAMBE (1) Plan Anual de Lectura (2) Planeta (5) Plástica (1) Platón (1) poema sinfonico (1) Poesía (8) Poesía e poetas (7) Poesía galega (1) Poetas (8) Portugal (3) Prado (1) Praga (1) Premio Cervantes (2) Premio Cervantes Chico (1) Premio Edebé de Literatura Infantil e Xuvenil (1) Premio Nacional de Literatura (1) Premios (23) Premios Nobel (3) Premios. (1) Prensa (7) préstamo (4) Préstamos (1) Primeiro ciclo ESO (1) Profesorado (1) Programa de radio (1) Programa PROA (1) Propaganda (6) Propostas (1) Proxecto Fahrenheit 451 (1) proxecto lector (3) Publicacións (1) Publicidade (1) Purcell (1) Queremos galego! (1) Quijote (1) Química (1) Quino (1) Racismo (1) Racismo. (1) Radio na escola (1) RAE (1) RAG (1) Ramón Piñeiro (3) rap (1) Reacciona (1) Real Academia Galega (1) Reciclaxe (1) Recomendamos (9) recortes (2) Redes sociais (1) redes sociais. (1) Relatos (16) Renacemento (1) Renovación Pedagóxica (1) Resumos (1) Roberto Vidal Bolaño (2) Rodari (1) Roma (1) Rosalía (2) Rosalía de Castro (1) Rtve (1) S. XIX (1) S. XX (1) Samaín (1) samba (1) San Froilán (3) San Valentín (10) scat (1) Scribd (5) Século XIX (1) Século XVI (1) Século XVII (1) Século XX (2) Semana do Libro e da Poesía (1) Sida (2) Sitios web (1) Slides (17) Smetana (1) Solidariedade (8) Stéphane Hessel (1) Sufragistas (1) swing (1) Tabaco (1) Teatro (5) Televisión (1) Teresa Neri (1) Terra Cha (2) Terror (1) Terrorismo (1) Tests (1) Textos (1) Textos da Semana (6) Tíscar Lara (1) Tomás Bretón (1) Traballo (1) Traballos colaborativos. (1) Tráfico (1) Traxe tradicional (1) Tundal (1) Twitter (1) UNESCO (2) Universidade de Vigo (1) Universidades (1) Vacacións (3) Val do Asma (1) Valentín Paz Andrade (1) vangardas (1) Verán (6) Verne (2) Vestimenta romana (1) Viaxes (4) Vídeos (28) Videos. (1) Viñetas (14) Violencia (9) violencia contra as mulleres (6) violencia de xénero (3) violencia xénero (1) Visitas (9) Xapón (1) Xeración dos cincuenta (1) Xogos (4) Xornadas (5) Xornadas bibliotecas (1) Xornalismo (1) Xosé María Díaz Castro (1) youtube (5) zarzuela (2)

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.