Ven de inaugurarse na sala de exposicións sita na Capela de Santa María en Lugo unha mostra de obras figurativas do pintor Laxeiro dos anos 50, 60 e 70, procedentes de coleccións particulares de España e Portugal. Trátase de 24 óleos sobre tea dunha época na que o artista vivía en Bos Aires, onde tivo contacto con correntes procedentes de Francia e Centroeuropa que o achegan ao expresionismo, ao informalismo ou ao negrismo de autores españois como Goya ou Ribera.
Laxeiro foi un membro destacado dos Renovadores da Vangarda Histórica Galega, autor de lenzos cunha gran forza expresiva, como pode apreciarse na imaxe.
A mostra, gratuíta, estará aberta ata o 20 de xullo, de luns a venres de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00; sábados de 17:00 a 20:00 e domingos de 11:00 a 14:00 horas
Ningún comentario:
Publicar un comentario